Os Xuvenís "B"
SEN PRESA PERO SEN PAUSA
O Equipo de Xuvenís "B" antes de comezar o encontro nas Cruces.
Polas terra do Deza e do Ulla andan a loitar os nosos xuvenís máis novos, nunha liga de grandes equipos e moi combatibos que están a por a proba os nosos xogadores en cada encontro, que de momento non o están a facer nada mal.
Chechu nun momento do encontro.
Nunha tarde fría e con moita choiva, enfrentámonos ó lider (a S.D Cruces) na súa casa. Nun encontro onde o resultado positivo sacámolo dos erros cometidos tanto dentro coma fora do terreo de xogo, e deles debemos aprender todos para que non se volvan a repetir.
Un partido moi trabado e con múltiples interrupcións no xogo, o noso equipo nunca chegou a meterse no encontro para xogar ó nivel que eles ten e poden facer, e o Cruces rematou levándose os tres putos.
DOS ERROS TAMÉN SE APRENDE
Aquí vos deixamos o primeiro gol acadado pola S.D. Cruces, visto a velocidad real parece un golazo, pero si analizamos a xogada a cámara lenta, pode verse como é un cúmulo de despropósitos de tódolos xogadores do Bodegón que defenden a falta. Todos quedan estáticos mirando cara o balón e non acompañan as súas marcas, e ainda que o xogador que introduce a pelota (que por riba chega totalmente libre de marca) no fondo das mallas fallara, chegaban dous xogadores máis solos ó segundo pau pa rematar tamén.
Outro momento do encontro nas Cruces.
A estas alturas da competición, está claro que a S.D. Cruces vai ser o rival a bater, pois aínda non perdeu ningún encontro no que vai de tempada, pero nos tampouco o estamos a facer nada mal, porque esta derrota é somente a segunda encaixada no que vai de liga.
Yago durante un encontro disputado esta tempada.
Pero como ven dixemos, este resultado non foi máis que unha pequena pedra no camiño e o equipo voltou a manter a súa liña de victorias como ven facendo habitualmente e a que xa nos comeza a mal acostumbrar.
Alex no encontro fronte ó Esportin Estrada
As victorias acadadas frente ó Callobre C.F. e o A.D. San Mamamed de Rivadulla nestas duas últimas xornadas (e a falta de disputar dous encontros atrasados) lévanos a ocupar xa a terceira praza provisional da clasificación despois do Callobre que é de momento o segundo clasificado.
Alberto (Sanchís) co balon, Alex (de espalda) e Yago o fondo no encontro da Estrada.
O equipo traballa moi duro en cada adestramento e os resultados estánse a ver xornada a xornada. De tódolos xeitos agora vennos equipos moi fortes, e os que non debemos perder de ollo si queremos seguir ahí.
Esteban un bo porteiro, que pouco a pouco vai afianzándose dentro do equipo.
Oroso, Val do Ulla, E. D Arzúa, e Lalín son os nosos seguintes compromisos ligueiros, partidos decisivos onde sería convinte non perder moitos puntos se queremos afrontar a segunda volta da liga coa esperanza de estar entre os primeiros.
Xoán (na foto) está facendo unha gran tempada.
Nunha liga moi dura, con equipos de gran tradición futbolística, que adestran ben ós seus xogadores, debemos andar listos e atentos en cada encontro para non vernos sorprendidos ó remate dos mesmos.
Marcus e Fuco quecendo antes dun encontro.
Queda moita competición e de seguro que vamos seguir vivindo partidos emocionantes con estes xogadores, que ademais contan con unha morea de siareir@s fieles, que enchen o campo cada vez que este gran equipo xoga na casa.
Como ven dixemos este equipo ten moita calidade e moita fame de victorias. Sabemos que estamos no camiño adecuado e nel temos que seguir traballando e aprendendo para mellorar cada día, sen presa pero sen pausa.