13 de septiembre de 2012

Xuvenís Tempada 2008-2009

 PEÑA BODEGÓN ARZÚA
(Xuvenís Tempada 2008-2009)
Campeón de Liga e Campeón de Copa
09.06.2008 
Baixo un sol de xustiza  o campo de Santa Isabel acolleu a final da Copa Concello de Santiago na categoría xuvenil que enfrentou ó Peña Bodegón Arzúa e o San Pedro.
O desgaste dos equipos foi maiúsculo unha vez que, ao final do tempo reglamentario, chegabase co resultado inicial de empate sen goles. E así finalizaría tamén o tempo extra, polo que houbo que recurrir ó lanzamento dos penaltis. O gardameta Couselo convertíase no gran protagonista ó deter dous lanzamentos do equipo rival, e sirviu para acadar o título de campeón, condición ésta que xa se conseguira na tempada pasada tamén.
Polo tanto, doblete para o equipo amarelo, nunha tempada simplemente fenomenal. O Peña Bodegón Arzúa  proclamouse campeón da Liga na Segunda Autonómica grupo 5, donde superou ao Xuventude Oroso en tres puntos e ó San Pedro (terceiro clasificado), en sete.

No hay comentarios:

Publicar un comentario