28 de septiembre de 2012

Equipo de Modestos Tempada 2012-2013

Equipo de Modestos Tempada 2012-2013
O fin de semana pasado o equipo de modestos que debuta na liga de 2ª Autonómica recibíu na 5ª xornada de liga frente ó Portomuro CF. no estadio de As Cancelas, a copa de Campeón de Liga da tempada anterior. Pese a que nestes primeiros compases da competición só sumaron dous puntos as sensacións que mostra o equipo son boas e estamos seguros que a calidade de estes xogadores por todos conocida, levaraos a postos moito máis altos na clasificacción.


 Moises un dos capitáns do equipo, recibe a Compa de Campeóns de mans de membros da Federación de Futbol de Santiago e da de Galicia



Os xogadores saltaron ó terreo de xogo polo correspondente pasillo feito polo equipo contrario.


Modestos 2012-2013. Un equipo para disfrutar

Modestos 2012-2013
Un equipo para disfrutar
 
 Suso o Presidente do Bodegón Arzúa posa sonrinte ca copa acadada polos seus xogadores entre os membros da Federación de Futbol . (Por certo Suso, hai que facer unha vitrina nova, que xa non nos caben os trofeos na que temos).
Un equipo moi novo con rapaces de moita calidade e un gran corazón, que de seguro farán un bo papel esta tempada. Desexarlles desde aquí moita sorte pa esta tempada.

Bollo (centro), Camas (esquerda) e Ruba (dereita)

Kim
Naveira
David
Moises
 
Oscar (porteiro) e Luisete
Durante a temporada seguiremos a poñervos os nomes de todos, para coñocelos mellor.

26 de septiembre de 2012

Cadetes 2ª Autonómica (Tempada 2010-2011)

Peña Bodegón Arzúa 
Equipo de Cadetes 2ª Autonómica
(Tempada 2010-2011) 
 
Equipo formado básicamente por infantís de 2º ano, e cadetes de 1º que fixeron unha tempada moi destacable nesta categoría a pesares da súa xuventude.
 
Luís Vazquez membro da empresa BigMat Lucas S.L. en San Marcos

Manuel Neira propietario do "Restaurate C&B" na rúa de Vista Alegre
 
Un saúdo para Luís e Manolo que son dous que sufren cada fin de semana na grada.

25 de septiembre de 2012

90 Minutos; Toda unha eternidade

90 Minutos; Toda unha eternidade
 Equipo de modestos que acadou o ascenso a 2ª autonómica a tempada pasada (2011-2012), esta é a foto do último partido de liga no campo do Fátima. Estaban a 90 minutos do ascenso pero ainda no sabían o que ía acontecer.

 Rubén (Chicolas) o adestrador do equipo, partidario de xogar ó toque, e despois de ter pasada toda a liga sabía que nese último partido íase a decidir quén se levaría o título, e por tanto, quén ascendería directo a 2ª. ¡A saber cántas cousas lle pasaron pola cabeza eses 90 minutos!.

Beni o delegado do equipo de xuvenís e de modestos, curtido en mil batallas intentaba manter a calma e ter controlado o partido, non podía haber ningún fallo, 90 minutos separábanos da gloria.
O arbitro pita o final do encontro e os xogadores mantean a Chicolas
Que acabou convertindo o pantalón e a camiseta do chandal nun "mini short" de tanto que sudou no partido máis largo da súa vida.

 O Bodegón proclámase campeón de liga, estalla a ledicia na cara dos xogadores que ven recompensado o esforzo que estiveron a facer toda a tempada xornada a xornada.
A festa foi boa no bar do Presidente o que vemos na foto xunto cos xogadores e moita máis xente que por alí andaba a celebrar o triunfo. (En canto nos sexa posible intentaremos sacar un video resumen pero "Sin Censuras" do que alí aconteceu).


19 de septiembre de 2012

COLABORA CON NOS.....

 
 
AXÚDANOS A MEDRAR
COLABORA CON NOS.....
Estamos a intentar facer cada día un pouco máis grande o noso club, pero para eso precisamos que todos colaboredes para conseguir o noso propósito. Si tedes fotos dos xogadores, dos equipos, videos dos partidos tanto recentes como de tempadas pasadas, facédenolos chegar a esta dirección de correo bodegonarzuacf@gmail.com cun breve comentario, e estaremos encantados de publicalos na nosa web. Deste xeito podremos saber todos, como van dende os máis cativos hasta as categorias superiores. Tamén queremos estar ca afición que nos apoia cada xornada, e que sabemos que é moita e da boa, eles tamén terán o seu espacio nesta páxina, asi que animádevos e mandade fotos dos siareiros do Bodegón.
Podedes facervos membros da web (pinchando en "PARTICIPA EN ESTE SITIO") e comentar todo o que se publique, os vosos comentarios tamén serán expostos Só lembrar que o respeto e a educación serán os principios que guiarán os comentarios que se cheguen a expoñer. Aqueles que non cumpran estas normas básicas serán borrados.

16 de septiembre de 2012

Infantís Tempada 2012-2013

PEÑA BODEGÓN ARZÚA
(Infantís Tempada 2012-2013)

Peña Bodegón Arzua 5-Cire Melide 3
Boas sensación as que nos deixaron estes grandes xogadores no seu debut ligueiro. Mirade que cara de non romper un prato ten todos.

Ángel "O Mago do Balón", menuda mañán que lle dou este rapaz ós defensas do Cire Melide, con tres golazos marca Bodegón. Felicitacións para este crack e o seu equipo. ¡¡Gran partido!!

Antonio (izda) que tamén marcou un bonito gol de falta e Marcos
 Dúas das novas incorporacións para o equipo deste ano.


13 de septiembre de 2012

Xuvenís Tempada 2008-2009

 PEÑA BODEGÓN ARZÚA
(Xuvenís Tempada 2008-2009)
Campeón de Liga e Campeón de Copa
09.06.2008 
Baixo un sol de xustiza  o campo de Santa Isabel acolleu a final da Copa Concello de Santiago na categoría xuvenil que enfrentou ó Peña Bodegón Arzúa e o San Pedro.
O desgaste dos equipos foi maiúsculo unha vez que, ao final do tempo reglamentario, chegabase co resultado inicial de empate sen goles. E así finalizaría tamén o tempo extra, polo que houbo que recurrir ó lanzamento dos penaltis. O gardameta Couselo convertíase no gran protagonista ó deter dous lanzamentos do equipo rival, e sirviu para acadar o título de campeón, condición ésta que xa se conseguira na tempada pasada tamén.
Polo tanto, doblete para o equipo amarelo, nunha tempada simplemente fenomenal. O Peña Bodegón Arzúa  proclamouse campeón da Liga na Segunda Autonómica grupo 5, donde superou ao Xuventude Oroso en tres puntos e ó San Pedro (terceiro clasificado), en sete.

11 de septiembre de 2012

Peña Bodegón Arzua (Cadetes 2ª Autonómica)

Peña Bodegón Arzua
(Cadetes 2ª Autonómica)
Arriba de esquerda a dereita: Jose (Entrenador), Alexandre (Pichi), Yago, Antón, Sergio Sebastian, Diego, Manuel (Torres), Javi (Delegado).
Abaixo de esquerda a dereita: Moisés, Juan, Anxo, Dani (Neira), Dani Nariño, Sergio Martínez.
Equipo de cadetes que competirá esta tempada na 2ª autonómica, formado na súa maioría por xogadores de primeiro ano. A pesar de que o seu debut na liga comezou con derrota frente ó Victoria CF. por 0-4, estamos seguros que estes rapaces han facer unha boa tempada, dende aquí estaremos todos moi pendentes deles tamén.
¡¡Vamos Bodegón!!
 
Sergio Sebastian cortando o avance dun xogador contrario durante o encontro
 
Alexandre (Pichi) todo un porteirazo. 
 
Antón conduce a pelota con autoridade ante a mirada do seu compañeiro Dani.

Peña Bodegón Arzua 0-Bertamiráns CF. 4 (Cadetes 1ª Autonómica)

Peña Bodegón Arzua 0-Bertamiráns CF. 4
(Cadetes 1ª Autonómica)
O Bodegón e o Bertamiráns saudan a grada antes de dar comenzo o encontro.
Un partido pa esquecer o que xogou o Bodegón este domingo nas Cancelas e do que só podemos sacar en limpo, aprender dos erros que cometemos para non volvelos repetir en vindeiras xornadas.
 
Cali o porteiro do Bodegón (na foto) foi dos mellores xogadores do encontro, detivo un penalti e fixo numerosas intervencións que salvaron ó equipo de ter encaixado algún gol mais.
  
  
 
Dous instantes do partido

Antonio (delegado do equipo) tamén  mostrou as súas habilidades co balón durante o quecemento dos xogadores antes do encontro.

8 de septiembre de 2012

COMENZO DA TEMPADA 2012-2013 (Cadetes 1ª Autonómica)

COMENZO DA TEMPADA 2012-2013
(Cadetes 1ª Autonómica)
Cordeiro FC  1 - Bodegón Arzúa 4

Arriba de esquerda a dereita: Martín, Iago, Diego, Alberto, Toni, Marcos, Josiño, Alex.
Abaixo de esquerda a dereita: Brais, Cali, Xoan, Fuco, Aarón Barreiro, Aarón, Carlos.
(os goleadores nesta ocasión foron: Iago, Aaron B., Josiño e Xoan)

Escadra que presentou o Cordeiro

Imaxes do Partido de Volta disputado nas Cancelas


Iago (O Tigre) Foi o encargado de abrir o marcador cun bonito gol, que resolveu perfectamente nun man a man co porteiro. Seguro que esta tempada veremos mais goles fermosos de este gran xogador.

No partido tamén se viron detalles de moita calidade.

Os nosos centrales Aaron B, Fuco e Toni (na foto) non son dos que se arrugan.

Alberto (Sanchis) conduce o balón ante a mirada atenta de Martín.

Aarón Noya sacando a súa zurda.

A batalla rematou por hoxe pero a guerra continua.
¡¡Vamos Bodegón!!



7 de septiembre de 2012

FUTBOL DE PRETEMPORADA

FUTBOL DE PRETEMPORADA
 
Equipo que presentou o Bodegón (cadetes 1ª) frente o Cacheiras. O Bodegón comenzou un pouco nervioso e un par de erros fixo que foran ó descanso perdendo 2-0, pero as indicacións do mister (Miguel) recompuxeron o equipo, que fixo unha segunda parte moi boa e terminaron gañando 2-3. (goles de Martín 2 y Brais 1)  
Arriba de esquerda a dereita: Toni, Josiño, Marcos, Juli, Brais, Xoan, Iago, Alex.
Abaixo de esquerda a dereita: Antón, Aaron, Diego, Cali, Fuco, Martín, Carlos.
 


Final da Copa de Santiago Cadetes 2011-2012

FINAL DA COPA DE SANTIAGO
CADETES 2011-2012
A final xogouse entre o Villestro e o Bodegón Arzua no Campo de Santa Isabel cunha grada ateigada de siareiros que animaron ós dous equipos. O partido rematou 1-1 e foi a tanda de penaltis quen decidiu o gañador de esta edición que nesta ocasión resultou ser o Villestro.

Fuco recolle a Copa de Subcampeón


Os xogadores saludándose antes de dar comenzo o encontro.