9 de abril de 2017

Os Modestos: A Liga Ponse Costa Arriba

Os Modestos:
A Liga Ponse  Costa Arriba
Entramos na parte final dunha liga que está a ser moi disputada na parte alta da táboa, e onde os seis primeiros clasificados marcan diferenzas importantes con respecto aos demais equipos en competición.

Pero a pesar de todo, co paso das xornadas vanse clarificando tamén as cousas entre os equipos que de verdade aspiran ao titulo de liga.
 
 
Está claro que a liga é o título á regularidade e neste sentido Sta. Cruz de Montaos e Calo,  están a ser os equipos máis regulares e por iso comparten a cabeza da taboa separados tan só por un punto.
 
O terceiro posto é para o Fátima que está a facer unha segunda volta impecable e isto sérvelle para colocarse a tan sólo tres puntos do líder e ser a alternativa entre os dous primeiros clasificados.
 
O Viduído e o Deixebre, ocupan a cuarta e quinta posición respectivamente a cinco puntos da cabeza. Dous rivais complicados e que non dan un partido por perdido ata que o árbitro pita o final do mesmo.
 
No sexto posto temos ao noso Bodegón a seis puntos do líder, e aínda que a diferenza parece pequena, tal e como están os equipos de arriba poida que sexa unha distancia insalvable
 
  
Un comezo de liga bastante irregular con resultados desafortunados nalgún encontró, e as dúas derrotas sufridas na segunda volta contra rivais directos como son o Sta. Cruz de Montaos e o Fátima, foi o que básicamente, propiciou esta situación desfavorable na clasificación.
 
Cando perdes un partido onde te ves superado no xogo polo rival, non che queda outra que aceptar a derrota. Pero no caso do Bodegón normalmente isto non sucede así, e as derrotas que encaixamos veñen marcadas por erros puntuais no noso xogo, que logo condicionan o partido onde nós poñemos a calidade e o rival os goles, tal e como sucedeu ante o Sta Cruz de Montaos.
 
Cada vez quedan menos partidos e as nosas opcións vense reducidas, pero a nosa obrigación é competir ata o final e buscar cando menos un posto para xogar a promoción de ascenso
 

13 de febrero de 2017

Os Modestos: Loitando Pola Liga

Os Modestos:
Loitando Pola Liga
Xa estamos en plena segunda volta da liga e como non podía ser doutra maneira, o noso equipo de modestos unha tempada máis, loitando no alto da táboa e aspirando a todo.

Sta Cruz de Montaos, Calo, Deixebre, Fátima e Bodegón, son por esta orde e neste momento os cinco primeiros clasificados. 

Tendo en conta que entre o primeiro e o quinto clasificado só hai cinco puntos de diferenza, isto dános unha idea do apertada que está a ser a loita nos postos de cabeza.

O Bodegón tras seis xornadas consecutivas sen perder, encaixou este domingo unha derrota fronte ao Viduído C.F. que nos afasta un pouco da cabeza da táboa. 

Temos que dicir que o equipo acudíu a este encontro marcado polas baixas de catro xogadores importantes, pero a pesar de todo na segunda parte do partido, desperdiciamos numerosas oportunidades como para terminar superando ao noso rival sin problemas.

Este plantel é o suficientemente amplo e a calidade dos seus xogadores incuestionable, así que todo pasa por alcanzar ese punto de mentalidade gañadora que nos falta nalgúns encontros e que nos leva a perder puntos innecesarios como o ocorrido nesta pasada xornada.

A mentalidade gañadora pasa por entender que podemos gañar a calquera equipo desta competición, que xogando con cabeza máis que con corazón, podemos superar calquera situación adversa durante un encontro. 

Non podemos cometer erros de concentración, nin entrar nas provocacións dos nosos rivais durante os encontros, isto non fai máis que cargarnos de cartóns innecesarios que comprometen ao equipo en xornadas vindeiras.

Está claro que o equipo loitará por ascender, pero este ano queremos facelo entrando pola porta grande que é gañando a liga, xusta recompensa á entrega e á humildade deste gran grupo.

Como dixemos ao comezo desta entrada a igualdade entre os equipos da cabeza da táboa é evidente e a liga será para o que menos erros cometa de aquí ao final da liga.


29 de enero de 2017

Os Xuvenís: Un Comportamento Admirable

Os Xuvenís 2016 / 17
Un Comportamento Admirable
Nesta entrada comprácenos en presentarvos o equipo de xuvenís para a tempada 2016 / 17. Despois de moito traballo e con gran orgullo, podemos dicir que un ano máis, o equipo de xuvenís volve saír de novo a competir na segunda autonómica do grupo 5.

Só cando estas dentro dun equipo e vives o seu día a día, daste conta do laborioso que resulta sacar un grupo adiante cada tempada e o fácil que resulta poñer peros e pegas desde a bancada o traballo dos demais.

Ao finalizar a tempada pasada algúns xogadores optaron por abandonar o club e comezar unha nova andaina noutros equipos, o que puxo en grave compromiso o futuro do equipo para esta tempada.  A pesar de todo non podemos máis que desexarlle o mellor vaian onde vaian.

Pero son os xogadores que levan o escudo do club gravado a lume no seu corazón os que sempre van estar aí dando a cara, ás verdes e ás maduras. Referímonos a grandes xogadores como Moisés, Óscar, Roberto, Torres, Jhonatan...

E como non podía ser doutra maneira, noso máis sincero agradecemento ás novas incorporacións que chegaron ao equipo aínda a pesares de todas as dificultades que se ían a atopar. 

Un equipo moi novo que para ser sincero pasouno bastante mal a principio de tempada. Pero lonxe de baixar os brazos o equipo veu a máis e as vitorias comezan a chegar.

As novas incorporacións mostraron moitos signos da súa calidade no xogo e sobre todo, do seu saber estar no campo en canto ao seu comportamento, e iso é algo que nos comprace a todos.

Sabemos que esta tempada vai ser dura e sobre todo de transición, pensando en formar unha base sólida e un pouco máis rodada, que nos permita o próximo ano afrontar a competición con metas máis altas. 

O noso obxectivo para esta tempada, é gañar o maior número de partidos posibles e terminar canto máis arriba mellor na táboa clasificatoria disfrutando de xogar ao fútbol.

Nas próximas xornadas iremos dando conta da progresión que faga este equipo e iremos coñecendo mellor a cada un dos seus xogadores.