Os Modestos:
"Desta Ten Que Ser"
Brillante tempada realizada no torneo de liga polo equipo de modestos, onde quedou subcampeón da mesma a tan só dous puntos do título, nunha competición moi disputada na parte alta da taboa durante toda a tempada.
Cunha estatística que demostra a calidade deste gran equipo (21 partidos disputados, 13 ganados, 4 empatados e tan só 4 perdidos), conseguíu entrar na fase de ascenso a 2ª Autonómica.
Tras derrotar nas semifinais ao Sta. Cruz de Montaos, disponse nas vindeiras xornadas a disputar a fase final de ascenso ante un gran rival, como é La Salle de Santiago.
Se nos volvemos a remitir ás estatísticas previas de liga, o Bodegón gañou, tanto na ida como na volta. Pero a fase final de ascenso é outra competición e outro reto, na que seguro os dous equipos darán o mellor de si dentro do terreo de xogo.
Igualmente son dous partidos a ida e volta. Pero, nesta ocasión, os erros pagaranse caros. Porque un deles quedará en 3ª e outro ascenderá a 2ª Autonómica.
Este equipo consolidouse na súa etapa de xuvenís, e desde entón ata a data o bloque de xogadores permanecíu sempre unido dentro e fóra do terreo de xogo, o que lles permitíu consolidarse como a mellor xeración de futbolistas que tivo este club nos últimos anos.
Os resultados conseguidos así o evidencian, pois estivo presente e loitando por conseguir todos os títulos que disputou, como así o demostran as sete Copas de Santiago, un ascenso, e tres fases finais de ascenso.
Tamén é certo que a pesar de todo, a sorte foi un pouco inxusta connosco nalgunhas ocasións e privounos de acadar algún título máis, ou estar noutras categorías máis altas.
Pero esta tempada a fortuna non nos pode abandonar, e ten que devolver este fenomenal equipo a 2ª División Autonómica, unha categoría que como digo xa non debiamos perder fai tres anos.
O ano pasado quedamos ás portas do ascenso, nun desafortunado partido de volta na disputa da fase final, pero loitamos duro todo este ano para chegar onde chegamos, temos outra oportunidade, e esta vez estamos seguros que non a imos a desaproveitar.
Estes xogadores xa teñen a experiencia suficiente, e os galóns necesarios, para afrontar retos un pouco máis grandes.
Chegou o momento de dar de novo o salto cara a unha categoría superior, e quen sabe se mirar co tempo un pouco máis cara arriba.
A chegada de xogadores das categorías inferiores e tamén moi involucrados co equipo desde sempre, poden permitir dar contiunuidade a este gran grupo que tan boas tardes de fútbol nos ten adicado.
Agora máis que nunca, a afección debe estar á beira dos seus xogadores e apoialos como tantas outras veces fixo neste tipo de situacións. Son un gran grupo humano e deportivo, que levan moitos anos defendendo o escudo da entidade.
Nós estaremos aí para apoialos sempre
"Pase o Que Pase" .
"Pase o Que Pase" .