15 de marzo de 2015

Os Modestos: Centrados na Promoción de Ascenso

Os Modestos: 
Centrados na Promoción de Ascenso
Unha vez disputada a primeira fase da competición, e quedar encadrado no grupo impar da segunda fase, o equipo segue coa súa boa traxectoria e loitando por entrar nos postos que dan opción a disputar a promoción á segunda autonómica.

Temos que recordar que de cada grupo par ou impar ascenden directamente o primeiro clasificado de cada un. Mentres que o 2º, 3º, 4º, e 5º de cada grupo xogarán entre eles a promoción, e do que só ascenderán catro (dous de cada grupo) dos oito que disputen a fase de ascenso.


Neste sentido temos que recordar que o equipo quedou encadrado no grupo impar onde tamén está o Atco. Melide que foi o líder indiscutible na primeira fase.

Se ao colchón de puntos conseguidos na primeira fase polo Atco Melide, lle engadimos que segue mantendo un gran nivel  de xogo nesta segunda rolda e a pesar que o Bodegón apunto estivo de derrotalo no seu propio campo nun gran partido feito polos nosos, e que rematou con 4-4 no marcador final.

Polo tanto, todo parece indicar que no grupo impar que é onde estamos encadrados, o Melide será salvo algún imprevisto, o equipo que ascenda directamente.

E o Bodegón terá que loitar por unha desas prazas que nos permita disputar a fase de ascenso á 2ª división Autonómica.

De momento todo parece indicar que isto pode ser posible pois o equipo é 4º, a tan só tres puntos do terceiro clasificado, que é o Vila de Ordes e a 11 puntos do 5º que é a S.D. O Pino.

O equipo a pesar de que perdeu dous ou tres partidos dunha forma un tanto inesperada e contra rivais a priori bastante inferiores a nós, mostra unha gran solidez no seu xogo e vai encontrando o gol con moita mais facilidade que nas tempadas anteriores.

Aínda quedan partidos por disputar nesta segunda fase, pero está claro que a posibilidade de entrar na loita pola promoción de ascenso é real, e niso imos poñer todo o noso empeño para conseguilo.