XUVENÍS "B"
A COPA DE SANTIAGO EN IMAXES
Agora que estamos de vacacións e os nosos xogadores gozan do sol e do verán, aquí deixámosvos un pequeno resumo do que foi a Final da Copa de Santiago Xuvenil, onde o noso equipo de Xuvenís "B" alzouse co triunfo deste prestixioso torneo, e ante un gran rival como foi nesta ocasión o Atlético Fatima, ao que derrotamos por 1-0.
VÍDEO GALERÍA DA FINAL
VIDEO GALERÍA DAS FASES PREVIAS
Nun partido que tivemos controlado en todo momento e no que o resultado puido ser máis avultado pois desaproveitamos algunhas ocasións clarisimas de gol ao noso favor, sobre todo na primeira parte.
Esteban detendo un penalti esta tempada.
Bo traballo da nosa defensa, na que o Fatima non chegou a crear verdadeiro perigo, salvo en dúas ocasións case ao final do encontro, e nas que a boa actuación de Esteban, o noso porteiro, foi decisiva para resolver ambas as dúas situacións.
Outra boa nova desta final, é que xa puidemos ver a Chechu (na foto co balón), de novo vestido de curto. Aínda que segue recuperándose da súa lesión e non disputou ningún minuto deste encontro, foi igualmente convocado para este partido e poder así animar os seus compañeiros dende o propio banco. Dende aquí seguimos a darlle ánimos e desexarlle unha pronta recuperación.
Toni posa satisfeito coa copa de Campeón.
Sen dúbida un gran triunfo, pero o verdadeiro éxito é manter o grupo sempre unido non só nas vitorias senón cando os resultados non nos acompañan. Somos un club humilde e sen a penas presuposto pero podemos presumir de que todos e cada un dos que defenden este escudo, tanto os seus adestradores coma os seus xogadores, fano por un sentimento de cariño e amizade cara á entidade. Formamos unha gran familia e así queremos seguir sendo, nas duras e nas maduras.