25 de noviembre de 2013

Os Xuvenís "B" SEN PRESA PERO SEN PAUSA

Os Xuvenís "B"   
SEN PRESA PERO SEN PAUSA

O Equipo de Xuvenís "B" antes de comezar o encontro nas Cruces.
Polas terra do Deza e do Ulla andan a loitar os nosos xuvenís máis novos, nunha liga de grandes equipos e moi combatibos que están a por a proba os nosos xogadores en cada encontro, que de momento non o están a facer nada mal.

Chechu nun momento do encontro.
Nunha tarde fría e con moita choiva, enfrentámonos ó lider (a S.D Cruces) na súa casa. Nun encontro onde o resultado positivo sacámolo dos erros cometidos tanto dentro coma fora do terreo de xogo, e deles debemos aprender todos para que non se volvan a repetir.   

Un partido moi trabado e con múltiples interrupcións no xogo, o noso equipo nunca chegou a meterse no encontro para xogar ó nivel que eles ten e poden facer, e o Cruces rematou levándose os tres putos.

DOS ERROS TAMÉN SE APRENDE

Aquí vos deixamos o primeiro gol acadado pola S.D. Cruces, visto a velocidad real parece un golazo, pero si analizamos a xogada a cámara lenta, pode verse como é un cúmulo de despropósitos de tódolos xogadores do Bodegón que defenden a falta. Todos quedan estáticos mirando cara o balón e non acompañan as súas marcas, e ainda que o xogador que introduce a pelota (que por riba chega totalmente libre de marca) no fondo das mallas fallara, chegaban dous xogadores máis solos ó segundo pau pa rematar tamén.

Outro momento do encontro nas Cruces.
A estas alturas da competición, está claro que a S.D. Cruces vai ser o rival a bater, pois aínda non perdeu ningún encontro no que vai de tempada, pero nos tampouco o estamos a facer nada mal, porque esta derrota é somente a segunda encaixada no que vai de liga.

Yago durante un encontro disputado esta tempada.
Pero como ven dixemos, este resultado non foi máis que unha pequena pedra no camiño e o equipo voltou a manter a súa liña de victorias como ven facendo habitualmente e a que xa nos comeza a mal acostumbrar.

Alex no encontro fronte ó Esportin Estrada
As victorias acadadas frente ó Callobre C.F. e o A.D. San Mamamed de Rivadulla nestas duas últimas xornadas (e a falta de disputar dous encontros atrasados) lévanos a ocupar xa a terceira praza provisional da clasificación despois do Callobre que é de momento o segundo clasificado.

Alberto (Sanchís) co balon, Alex (de espalda) e Yago o fondo no encontro da Estrada.
O equipo traballa moi duro en cada adestramento e os resultados estánse a ver xornada a xornada. De tódolos xeitos agora vennos equipos moi fortes, e os que non debemos perder de ollo si queremos seguir ahí.

Esteban un bo porteiro, que pouco a pouco vai afianzándose dentro do equipo.
Oroso, Val do Ulla, E. D Arzúa, e Lalín son os nosos seguintes compromisos ligueiros, partidos decisivos onde sería convinte non perder moitos puntos se queremos afrontar a segunda volta da liga coa esperanza de estar entre os primeiros.  

Xoán (na foto) está facendo unha gran tempada.
Nunha liga moi dura, con equipos de gran tradición futbolística, que adestran ben ós seus xogadores, debemos andar listos e atentos en cada encontro para non vernos sorprendidos ó remate dos mesmos.

Marcus e Fuco quecendo antes dun encontro.
Queda moita competición e de seguro que vamos seguir vivindo partidos emocionantes con estes xogadores, que ademais contan con unha morea de siareir@s fieles, que enchen o campo cada vez que este gran equipo xoga na casa. 

Como ven dixemos este equipo ten moita calidade e moita fame de victorias. Sabemos que estamos no camiño adecuado e nel temos que seguir traballando e aprendendo para mellorar cada día, sen presa pero sen pausa.

19 de noviembre de 2013

Os Xuvenís "A" TEÑEN QUE SER MÁIS AMBICIOSOS

Os Xuvenís "A"
TEÑEN QUE SER MÁIS AMBICIOSOS

Equipo de Xuvenís "A" antes do comezo do encontro fronte ó Zona Vella C.F.
Despois de ter derrotado ó Zona Vella C.F. por un contudente 6-1, o equipo de Xuvenís "A" chega ós partidos importantes fronte rivais directos.

Os xogadores dos dous equipo, saúdanse no centro do terreo de xogo.
Un plantel con gran potencial físico e de moita calidade, todavía non está rendendo ó nivel que todos estamos esperando para as expectativas que asumimos esta tempada.

Jose Bascoy adestrador do equipo.
A derrota encaixada esta xornada fronte ó Bertamiráns, aléxanos contra todo pronóstico, un pouco máis dos postos da cabeza da tabla, na que Bertamiráns e Peleteiro, 1º e 2º clasificado respectivamente, xa nos sacan doce puntos.

Expectacular o salto de Jandro nun balón aereo.
A pesares de non poñernos por diante no marcador do encontro disputado en Bertamiráns, despois tampouco fomos capaces de manter a intesidade e a concentración necesaria para acadar un segundo gol que nos dera a tranquilidade no xogo que estabamos a facer e rematamos perdendo por 3-1.

Lucas, Cristian e Pedro no partido contra o Santiago  
Esta claro que vendo a clasificación, Bertamiráns, Peleteiro e Santiago xa están mostrando as súas credenciais para loitar polas prazas que dan o pase á 1ª Autonómica, sen dubída grandes equipos que non van dar concesión ós seus rivais.

Outro momento do Bodegón e o Zona vella
Tal e como está a clasificación e vendo como andan os outros equipos, a liga vai ser cousa de cinco equipos e nos temos que ser un deles por iso temos que sair a disputar os encontros con máis ambición e conscientes do que podemos conseguir se poñemos un pouquiño máis de empeño.

Manuel no un contra un contra o porteiro do Zona Vella.
O noso próximo rival é o Milladoiro S.D. outro equipo que anda ahi loitando por unha desas prazas de cabeza, e ó que temos que derrotar para non perder o fío da competición. Co equipo que temos non podemos conformarnos con estar ahí nos postos medios da tabla, debemos aspirar a todo porque temos platel suficiente para conseguilo. 

Pedro un xogador de gran rendemento, no encontro disputado contra o Santiago.

Tendo en conta que a maioría dos xogadores son todos de último ano, estes han de facer valer tamén a súa experiencia a hora de saltar ó terreo de xogo. Estamos seguros que este equipo ainda non esta rendendo nin ó cincuenta por cen do que pode dar, de seguro con un puoco que apreten poden poñerse ahí e despedirse da categoría como auténticos campeóns.

12 de noviembre de 2013

Os Modestos "Unha de cal e outra de area pero sempre cara arriba"

Os Modestos 
"Unha de cal e outra de area 
pero sempre cara arriba"

Equipo de Modestos
Aqui vos deixamos dous pequenos vídeos do que foron os encontros disputados polo equipo de modestos nestas dúas últimas xornadas. 


Partido Deixebre C.F - P.B. Arzúa

Os modestos encaixaron unha derrota fronte ó Deixebre, nun partido con poucas posibiladades para os nosos, ante un equipo que fixo valer no campo a súa veteranía para levarse ó final do tempo regulamentario os tres puntos para o seu casilleiro.

Partido  P.B. Arzúa - A.D. Vila de Ordes

Pero lonxe de virse abaixo o equipo voltou a reaccionar moi ben, para acadar outra importante victoria esta vez ante A.D. Vila de Ordes, nun encontro no que esta vez, si fomos muy superiores pero faltaban os goles que chegaron case ó remate do encontro, e xogando en inferioridade numérica por expulsion dun dos nosos xogadores. 

A afición incansable, sempre ó lado do equipo

Foi unha satisfacción moi grande para todo o equipo, e coma non para afición, que afronta a vindeira xornada con moita ilusión e gañas de seguir loitando, "mirando sempre cara arriba".

4 de noviembre de 2013

Os Infantís "Melloran Xornada tras Xornada"

Os Infantís
Melloran Xornada tras Xornada

Unha boa foto, que recolle a tranquilidade que amosa o equipo de infantis antes dos quecementos previos ós encontros, resulta evidente a boa relación que existe entre os xogadores cos seus adestradores.
EQUIPO DE INFANTÍS
Picade enriba para que salte o vídeo

Yago e Manuel son os reponsables de levar este equipo, e de momento estano a facer moi ben. Non é nada doado dirixir un equipo e moito menos nestas edades pero eles estanlle a poñer gañas e os resultados xa se están a ver.

Outros dous instantes moi ben captados polo noso reporteiro, que amosan os momentos previos dentro do vestiario antes de saltar ó terreo de xogo.

Este equipo que a comenzos da tempada pasada xa amosaba boas maneiras no seu xogo, estivo despois a pasar unhas lagoas importantes trala marcha do seu adestrador, ata que Manuel (o adestrador de cadetes nestes momentos) votara man deles para que chegaran noutro bo momento de forma ó remate da competición.

O equipo diante da porta do vestiario antes de saltar ó campo.
Pese a todas estas dificultades o equipo mantívose sempre unido, e esta tempada as cousan semellan ser ben diferentes como todos podedes comprobar. 

Manuel nun lance durante un encotro.
O equipo pouco a pouco, e a medida que pasan as xornadas, vaise consolidando na súa forma de xogar e os rapaces amosan cada vez estar máis conxuntados e mellor físicamente.

Ángel (O Mago) é un auténtico pesadelo para os defensas rivais.
Levan desputados nove encontros dos cales, seis foron victorias, un empate e duas derrotas, no que a goles se refire levan marcados 58 e encaixados  28, sen dúbida algunha non está nada mal.

 Lois conducindo o balón.
Tal e como pinta a clasificación nestes momentos, Fatima, Compostela, La Salle, Bodegón e Victoria consolídanse como serios aspirantes polo título de liga, asi como polas plazas de acenso a 1ª Autonómica nesta tempada.

Bonito pase e ben colocado para arrancar o noso dianteiro.
Está claro que ainda queda moita competición e pode pasar calquer cousa, pero estes cinco equipos xa comezan a distanciarse do resto dos seus perseguidores, que de seguir así o Bodegón pode estar ahi.
Momento no que Ánxel introduce o balon no fondo das mallas.
De tódolos xeitos se algo temos que poñer en evidencia, e a facilidade con que encaixamos goles na nosa portería. Isto é algo a ter moi enconta dende logo se queremos vencer ós equipos grandes cando nos enfrontemos a eles, pois recordade que as duas derrotas foron contra o Fátima e o Compostela.

O equipo plantado no campo esperando a que comeze o encontro.
Dende logo si este ano queremos aspirar a loitar por un título, debemos ser capaces de derrotar a calquer equipo que teñamos diante, estamos traballando e vamos polo bo camiño, pero debemos seguir mellorando como ata agora.