24 de septiembre de 2013

EQUIPO DE CADETES, TEMPADA 2013-2014

EQUIPO DE CADETES
 Tempada 2013-2014
(1ª Autonómica)

Equipo de Cadetes, Tempada 2013-2014.
Aquí vos deixamos a primeira foto oficial do equipo de cadetes, que xogará esta tempada na 1ª Autonomica, en vindeiras entradas iremos coñecendo a todos e cada un dos membros que forman o equipo.

Estes xogadores toman o relevo dos seus compañeiros que este ano xa están xogando como xuvenís. O seu obxectivo fundamental e loitar por defender a plaza na categoría, e medrar como futbolistas, pois algúns deles tamén pasarán a xuvenís a tempada que ven.

Anxo levando o balón.
Como é normal, nestes primeiros partidos, os xogadores tense que ir adaptando a esta nova liga que é bastante máis competitiva, e a igualdade entre tódolos equipos tamén e maior. Aquí non hai rivais débiles e en calquer momento pode saltar a sorpresa.

Oscar entre dous xogadores do Cordeiro C.F.
Pese a que os resultados non nos acompañaron nestes primeiros compases da competición, o equipo está a mostrar unha progresión positiva en cada partido que disputan.

Sergio disputando un balón no encontro contra a S.D.Villestro.
A xornada pasada acadaron un valioso empate ante a S.D. Villestro, un rival a priori dos máis fortes esta tempada, esto vaille servir para seguir collendo confianza e mellorando no seu xogo.

Xián noutro momento do encontro contra o Cordeiro C.F.
A liga non fixo máis que comezar, e polo tanto quedan moitos partidos que disputar, así que nesta categoría a emoción esta servida ata o remate da mesma.


Sergio nun saque de banda.
O máis importante e que o grupo se manteña unido como ata o de agora e siga traballando duro para acadar a súa meta que é a de tentar manter a categoría. 

Manuel T. loitando un balón.
Polo de agora os xogadores están a  facelo ben, e temos que ir pensando partido a partido en seguir nesta línea que nos permita disfrutar desta liga tan competida onde de seguro imos aprender moito.

Dani no remate do encontro disputado frente a S.D. Villestro.
Un gran equipo con unha gran afición que vai a estar sempre o seu lado animando xornada a xornada. 

17 de septiembre de 2013

Os Xuvenís "B" Xa Pensan No Bertamirans F.C.

Os Xuvenís "B"
Xa Pensan No Bertamirans F.C.

Pese a que Miguel (dereita con sudadera verde) adestrador do equipo de Xuvenís "B" (na foto), e Jose (esquerda con sudadera verde) como segundo adestrador, non puideron contar con tódolos seus xogadores para disputar o primeiro partido de liga frente a S.D. Bandeira, non tiveron maiores problemas para derrotar a este rival tan correoso por 3-0 no seu campo.

  
Un bo partido o que fixo o Bodegón, onde puidemos ver como as novas incorporacións  están a aportando cousas moi positivas no xogo do equipo.

O traballo do corpo técnico está a facer que os xogadores vaian mellorando técnica e fisicamente de cara os próximos compromisos ligueiros.

E por este motivo polo que xa estamos pensando no noso próximo rival, o Bertamiráns F.C., un equipo moi competitivo que de seguro vai estar ahí arriba na liga.  Este encontro vai servir para medir en que punto real de forma se encontran os xogadores, nestes primeiros compases da liga.

Miguel falando cos seus xogadores no adestramento deste luns depois do partido contra a S.D. Bandeira. O adestrador, sabe que esta xornada temos ante nos un óso duro de roer, e de seguro que imos ver outro gran partido.

Outro momento do adestramento.
Os xogadores están adestrando ben, saben que son un equipo moi novo, que non ten máis presión que a de mellorar día a día, ir partido a partido, e sobretodo disfrutar xogando ó futbol para medrar como futbolistas.

Os Modestos non se arrugan e dan a cara no campo

Os Modestos Non Se Arrugan 
e Dan a Cara no Campo

Luisete (Capitán dos Modestos)
Despois de ter unha semana moi movida pola dimisión inesperada de Chicolas como adestrador do equipo, podemos calificar como de moi meritoria, a actuación e a aptitude do equipo de modestos esta xornada no campo do Val do Ulla. 

O equipo puxo ganas e pelexou ata ó remate do encontro.
Pero como ven sendo de costume, perdoamos diante da portería contraria, nesta ocasión ata fallamos un penalti e ó remate do encontro acabamos perdendo por 2-0. A vindeira xornada enfrentámonos O Pino C.F. un rival a priori asequible, e donde imos ter unha boa oportunidade para sumar tres puntos. 

Ruben V. (Chicolas). 
Para Chicolas só podemos ter palabras de agradecemento, tanto polo traballo feito no equipo, como para o club. Vaise pero deixa atrás o que é, e será sempre a súa casa, e a porta aberta para voltar cando queira.  

Xuvenís "A" Collendo Ritmo de Competición

Xuvenís "A"
Collendo Ritmo de Competición
Equipo de Xuvenís "A"
Aquí vos deixamos tamén  un anticipo do que vai ser ó equipo de Xuvenís "A" (coa falta de tres xogadores que todavía non se incorporaron ó mesmo) e que dirixe Jose B. (na foto con camisa blanca). En vindeiras entradas irémolos coñecendo a todos e cada un dos seus integrantes, así como a súa evolución na liga.

 Os xogadores adestrando esta pretempada.
O equipo mantén o bloque da tempada pasada, e ademais incorpora novos xogadores que estanse a adaptar moi ben no grupo. 

Polo de agora tan só disputaron dous partidos de liga, o primeiro frete ó Peleteiro que terminou en derrota pola mínima, e a pasada xornada frete o Tordoya C.F. que rematou con empate a uns.

Un equipo que si entrena ben, e lle pon ganas no campo, pode facer cousas moi interesantes esta tempada.

9 de septiembre de 2013

Vídeo Galería de Fotos do Partido Amistoso: Trazo C.F. - Peña Bodegón Arzúa (Xuvenís "B")

Xuvenís "B"
Vídeo Galería de Fotos
 Partido Amistoso de Pretempada

Trazo C.F. - Peña Bodegón Arzúa 
Peña Bodegón Arzúa (Xuvenís "B")
Baixo un sol de xustiza (32º marcaba o termómetro á hora do encontro) o sábado 31 de Agosto, disputamos un amistoso frente ó Trazo C.F. Pese a todo, os dous equipos puxéronlle ganas e puidemos ver un bonito partido. 

Trazo C.F.
O Bodegón deixounos unha primeira parte realmente boa de xogo, e mantivo encerrado no seu campo ó equipo rival. Na segunda metade o Trazo fixo valer a súa mellor preparación física, e rematou levándose o encontro.

O resultado final foi de 3-1 a favor do Trazo. Nesta ocasión temos que decir que o resultado non reflexa claramente o que se víu no campo e tal vez o Bodegón merecera algún gol máis. O nosos agradecemento o Trazo C.F. e a súa afición polo bo trato con que nos recibiu e dexesarlles moita sorte na liga.
Vídeo Galería


Josiño, Toni e Manuel ó remate do encontro
Tamén queremos enviarlle un saudo moi especial a Manuel (con polo rosa na foto), que veu dende Melide para ver o partido, e reencontrarse cos bos amigos que ten no noso club. Un gran central que a tempada pasada xogou no Atlético Melide, e que este ano debuta como xuvenil no Antas de Ulla C.F.  

4 de septiembre de 2013

COMENZA A TEMPADA 2013 - 2014

COMENZA A TEMPADA 2013 - 2014

Suso Carril, Presidente do Peña Bodegón Arzúa.
Case sen darnos tempo a rematar as vacacións, este primeiro fin de semana de setembro, comenzou a liga para tódalas categorías agás de Alevíns e Prebenxamíns que no farán ata o mes de outubro.

Parte da platilla de Cadetes e Infantís (na foto) facendo extiramentos antes de dar comenzo ó adestramento. Polo que respecta ó noso club, só debutaron en competición os Modestos e os Cadetes, Infantís e Xuvenís comenzan o videiro fin de semana.

Os Infantís ponse en marcha esta semán enfrentándose ó Atlético Fátima, un rival bastante complicado pero que vai servir para ollar como volven os rapaces despois das vacacións. 

 Infantís e cadetes noutro momento do adestramento.
Os Cadetes enfrentáronse nesta primeira xornada o C. D. Conxo, un rival forte que rematou o final do encontro levándose os tres puntos, pese a todo os nosos xogadores mostraron boas maneiras e moitas ganas, nesta nova categoría que están a defender.

 Manuel (adestrador) dirixindo os seus xogadores.
Ainda que xa comenzamos a pretempada a principios de agosto, algúns membros da plantilla, non puideron facela, por estar fora do seu lugar habitual de residencia. Esto fixo que os adestradores non tiveran a súa disposición a totalidade de xogadores, o que dificulta máis as cousas á hora de plantexar un encontro.

Brayan sacando un balón por riba do longueiro.
A tempada non fixo máis que comezar, é moi longa e de aquí a un par de xornadas os xogadores han coller o ritmo da competición.

 Ruben V. (Chicolas).
Unha sorte parecida correu o equipo de Modestos dirixido por Chicolas, que perdeu no campo do C. D. San Mamed (de Sta Cruz de Rivadulla). A tempada iníciase do mesmo xeito que remataron a anterior, mostrando un bo nivel de xogo, pero sin concretar de cara á portería. De tódolos xeitos este equipo ten calidade sobrada, para non pasar ningún tipo de apuros de aquí ó remate da liga.

Polo que se refire, o equipo de Xuvenís "A" dirixido por Jose B. (na foto) ponse a rodar esta fin de semana enfrentándose ó Peleteiro. 

Para ver os Xuvenís "B" (na foto) en competición oficial aínda imos ter que esperar outra semán máis. Este equipo xa disputou a pasada semán un partido amistoso frete ó Trazo C. F. e a vindeira xornada farao frente outro equipo aínda por determinar, para seguir collendo ritmo de competición antes de que comence a liga para eles.

Esteban facendo un saque de portería no campo do Trazo C. F.
Nos vindeiros días iremos sacando unha galería de fotos do que foi a pretempada para os nosos equipos,  así como dos partidos amistosos disputados.

Fuco adestrando esta pretempada.
Según vaian pasando as xornadas irémosvos presentando todos e cada un dos equipos que temos en competición. Non deixedes de visitar a páxina para mantervos informados de todo o que ó noso club se refire.