Galería de Fotos
Pretempada 2013-2014
Pretempada 2013-2014
"Seguimos ca Posta a Punto"
Pichi e Toni disputando un balón.
Ainda que modestos, xuvenís, e parte da plantilla de cadetes xa comezarón a pretempada a comenzos de Agosto debido a que este ano a competición ponse en marcha xa na primeira semana de setembro, agora vaille tocando o turno o resto de categorías, infantís, alevíns e benxamíns.
A pesar de que os adestradores non poden traballar coa totalidade das súas plantillas pois algúns xogadores non remataron as súas vacacións, están a intentar que os rapaces cheguen físicamente ben a este comenzo de liga.
Miguel e Jose conversando durante un adestramento.
Miguel en colaboración con Jose, afrontan esta tempada un proxecto moi interesante como é o de disputar a liga de xuvenís, cun equipo formado básicamente polo bloque de cadetes do ano pasado que sube de categoría, e reforzado por algunhas incorporacións que serán as que lle den solidez a esta escadra tan nova.
Dani F. que fixo un final de tempada moi bo, acadando moitos goles co equipo de Cadetes "B" será outro dos que pasan a xuvenil esta tempada.
Pola outra banda, Jose Bascoy dirixirá o bloque de xuvenís da tempada pasada e ó que imos reforzar con algúns dos nosos própios cadetes e tamén algún fichaxe novo.
Os adestradores falando cos seus xogadores.
Nestes días tan calurosos de agosto os xogadores acusan máis o esforzo realizado durante os adestramentos, e os seus adestradores xa moi experimentados nestes temas, preocúpanse de que estén ben hidratados e de que fagan os estiramentos correspodentes para evitar lesións.
Xoán demostrando a súa habilidade co balón.
De aqui ó comenzo da liga, temos programados unha serie de partidos amistosos nas distintas categorías, para que xa ca maioría dos xogadores incorporados nas súas plantillas, estes poidan acoplarse e coñecerse mellor.
Chechu e Brais, noutro momento do adestramneto.
Case sen darnos conta, e sen a penas descanso, xa estamos a punto de dar inicio a unha nova tempada, na que tentaremos mantervos informados do que lle acontece ós nosos equipos nas distintas competicións que van a disputar.
Josiño un xogador moi creativo co balón nos pes.
De seguro que estes xogadores faranos vivir momentos de gran emoción, como na tempada pasada.
Toni (na foto) un xogador incansable, que seguramente terá moito traballo en defensa este ano, xunto co resto dos seus compañeiros.
Juli vaise ante a presión de Juan, mentres Yago, e Chechu seguen a xogada.
Anxo en primeira estancia xunto a Pichi e Alex.
Os nosos cadetes máis novos, xa convertidos en veteráns da categoría, ten un bonito reto, como é o de manter a categoría na 1ª Autonómica. Pero sobre todo disfrutar dunha liga que lle ha resultar atractiva e moi competitiva.
Yago e Brayam.
A experiencia que acaden esta tempada os cadetes, vaille servir de moito cando o ano que ven, se incorporen ó equipo de xuvenís e se reencontren cos que foron os seus compañeiros o ano pasado.
Miguel noutro momento do adestramento.
Nas vindeiras semáns irémosvos presentando os equipos, así como a tódolos integrantes dos mesmos, para que coñezades mellor a familia do Bodegón Arzúa nesta nova tempada.
Kali que ven de facer unha campaña extarordinaria na categoría de cadetes, afronta esta tempada o seu primeiro ano como xuvenil.
Esteban unha das novas incorporacións para defender a portería dos xuvenís e ó que vemos falando con Xoán, estase a integrar perfectamente no equipo.
Josiño e Brais (na foto) levan xogando xuntos no Bodegón dende alevíns.
Como eles dous, moitos dos xogadores que temos incorporados nos nosos equipos. E nesta idea e na que queremos seguir traballando, subir ós xogadores dende as categorías inferiores e ó mesmo tempo ir incorporando novos xogadores que se adapten a idea que temos no club, para que se sintan a gusto e poidan rendir mellor no terreo de xogo.
Outro momento do adestramento.
Juli e Pichi no un contra un.
Cos pes no chan, e con moita humildade queremos seguir medrando como Club, por eso pouco a pouco, pero con paso firme, imos tentar facer as cousas o mellor posible.
Juli e Pichi no un contra un.
Por iso a vosa colaboración tamén é fundamental, visitando e difundindo a nosa páxina, necesitamos que a xente coñeza o noso Club e o proxecto que estamos a levar a cabo.
O Presidente e algúns pais presenciando o adestramento.
E por suposto tampouco nos vamos a esquecer da nosa afición que aproveita estos días de vacacións para seguir dende a grada a evolución dos xogadores.