7 de julio de 2013

Os Cadetes, Resumo da Tempada 2012-13

Os Cadetes 
Resumo da Tempada 2012-13

PINCHA ENRIBA DA FOTO PARA DESPLEGALA

Aquí vos deixamos un resumo en tres pequenos vídeos do que foi a familia de cadetes na tempada 2012 - 2013. Seguramente este ano non foi un dos mellores para o Club en canto á consecución de títulos e trofeos para as distintas categorías, pero por outra banda si estamos bastante contentos nos obxectivos acadados con vistas a ir medrando como entidade e que nos propuxemos ó comenzo da tempada.

VÍDEO CADETES "A"

A nosa idea é ir crecendo paso a paso, por eso é de recoñecer a labor tan fundamental que están a facer os adestradores cos seus xogadores no só a nivel deportivo senon tamén no persoal. Non e nada doado traballar con xogadores destas edades, as tempadas son moi largas con altos e baixos e a parte do aspecto deportivo e físico tamén hai que traballar o aspecto motivacional do equipo, e de cada xogador en particular.

VÍDEO CADETES "B"

Os xogadores deben aprender a competir e a disfrutar xogando ó futbol, e saber que o grupo sempre está por riba de calquer individualismo. Moitos dos nosos xogadores que agora están na categoría de modestos, ou de xuvenís proceden das categorías inferiores alevíns, benxamíns... E nesa idea queremos seguir traballando. Ter equipos con suficientes xogadores nas categorías inferiores, para logo ó ir medrado, podelos seguir vendo xogar xuntos, nas categorías maís altas.


VÍDEO DA AFICIÓN
Pinchade na flechiña da foto para que salte o vídeo

E por descontado moi pouco desto tendría sentido, si non contásemos co apoio incondicional da afición que xornada a xornada acompaña e anima ós equipos tanto nos momentos bos como nos non tan bos. Está claro que dentro da nosa humildade como equipo, podemos presumir que a xente que forma parte do Club faino porque vive o futbol e sinte os colores que defende por riba de todo, e con xente así, pouco a pouco as cousas han sair ben.

2 de julio de 2013

Comida Fin de Tempada

"Comida Fin  de Tempada"
Suso Carril (Pte do Club) no centro da imaxe con algúns membros da entidade, e pais dos xogadores antes de dar comenzo a comida. 

A pesares de que as datas tal vez non foran as mellores para a celebración do evento, logramos unha boa participación entre aficionados, pais, e xogadores de tódalas categorías, onde reinou a armonía e o bo ambiente como así o desmostra a hora que rematamos, pois xa pasaba da media noite cando puxemos o punto e final á festa.

O noso agradecemento a toda afición que está ahí sempre ó lado dos seus xogadores, e dos adestradores, está claro que sin ela tampouco podiamos seguir medrando como club.




1 de julio de 2013

Os Infantís Pon o Punto Final á Tempada 2012-2013

Os Infantís
Pon o Punto Final á Tempada 2012-2013

Os xogadores quecendo antes de enfrentarse a S.D. Conxo.
O equipo de infantís chega ata as semifinais da Copa de Santiago, para disputarlle ó S.D. Conxo o pase á final do torneo, e aínda que nesta ocasión non puido ser, os xogadores mostraron ganas e loitaron durante todo o encontro. A final disputárona o Conxo e o Villestro e foi este último quen  levou a Copa para a súa vitrina.

Xián nun momento do encontro.
Este partido puxo o punto e final a tempada 2012-2013 para o Peña Bodegón Arzúa pois era este o único equipo que seguía en competición. Agora toca un merecido descanso para os xogadores  e pola outra banda ir planificando a vindeira tempada para ver si podemos meter algún equipo na loita pola liga ou disputando algunha final.

Galería de Fotos
Infantís Tempada 2012 - 2013

Unha gran canteira na que tesmos postas moitas ilusións e que 
de seguro van dar moitas alegrías.