29 de octubre de 2012

Partidazo dos Infantís...


Partidazo dos Infantís...
 Infantís tempada 2012-2013
Esta fin de semana,  poidemos ver ós nosos infantís nun fermoso e emocionante partido frente O Pino CF, ó que derrotaron por 2-1 e ainda tiveron ocasións dabondo para ter metido algún máis. Braian o noso porteiro, tamén tivo unha actuación moi destacada durante todo o encontro.
Ángel (O Mago) autor dos dous goles, Ivan (o noso Puyol ), Aitor e Marcos. 

23 de octubre de 2012

EQUIPO DE XUVENÍS, Tempada 2012-2013

EQUIPO DE XUVENÍS
(2ª Autonómica, Tempada 2012-2013)
José Bascoy como adestrador (de pe, con sudadera azul) e o seu delegado Ivan Boquete (de pe, con sudadera blanca), están facendo un comenzo de tempada en xuvenís realmente bo. Así, sin facer moito ruído o equipo vai 4º a dous puntos da promoción. Tras seis xornadas disputadas o equipo só perdeu un partido e leva tan só 5 goles en contra. Esta fin de semana enfréntanse o Boimorto CF (lider da categoría). A liga ainda esta a comezar, pero gustaríanos moito ver a estes rapaces loitando polo ascenso a 1ª Autonomica ó final da mesma.     

Importante victoria dos nosos cadetes de 2ª Autonómica

Importante victoria dos nosos cadetes de 2ª Autonómica
 
Que derrotaron este fin de semana ó Silleda por 3-2 nun emocionante partido. Os xogadores estanse consolidando no seu xogo e os resultados estanse a ver. (Na foto Jose o adestrador dando indicacións ós rapaces).
Pichi segue a mostrar a súa boa línea de traballo na portería.  
 
Sebas e Antón, exemplo de compromiso co equipo, mostraban a súa ledicia ó remate do encontro.
Suso (o Presidente) no centro da foto e algúns dos pais que estaban animando na grada ós nosos xogadores.

David Barcia

Si falamos de futbol...
 
 Temos que falar de David Barcia un dos nosos entrenadores máis coñecidos, que decidíu descansar este ano para adicarse por completo a súa recente paternidade. Dende o club dámoslle as nosas felicitacións. Oxalá pronto podamos disfrutar do seus coñecementos de futbol dirixindo de novo un dos nosos equipos. 
Equipo de Xuvenís (tempada 2010-2011) que dirixido por David acadou a quinta Copa de Santiago consecutiva.

16 de octubre de 2012

ALEVÍNS TEMPADA 2012-2013

 ALEVÍNS
TEMPADA 2012-2013
 
Xa tíñamos gañas de presentárvolos, son os nosos alevíns que están a comenzar a sua tempada. Estamos seguros que van dar moita guerra e momentos de intensa emoción nas bancadas.
¡¡Vamos Bodegón!!
 
 
 Grande "David" o seu adestrador, que aparte de ser un gran xogador na categoría de modestos, non dubida en adicar parte do seu tempo en adestrar e formar estos rapaces. Unha tarefa nada fácil.
   
Os xogadores facendo exercicios de quecemento antes de dar comenzo o encontro.
!Moito porteiro!
Sentímolo polo R. Madrid e o F.C. Barcelona pero ningún dos nosos xogadores e transferible.

Cómo nos íamos esquecer de PATRÓN

Cómo nos íamos esquecer de PATRÓN
Non se pode ser do Bodegón e non coñecer José Patrón ("PATRÓN"). Socio fundador do Equipo moi querido e respetado tanto pola afición, como por todolos xogadores (dende os máis noviños hasta os máis veteranos). Coñecedor e seguidor de todalas categorias sufre e disfruta xornada a xornada dende a bancada, como a pe de campo cos Alevíns. Un saudo moi especial para él e a súa familia.
Patrón co seu neto Álvaro, que este ano xoga na categoría de alevíns e na que estamos seguros fará unha gran tempada tanto él como o resto dos seus compañeiros.
María  a irmán de Álvaro, que anima partido tras partido ó equipo de seu irmán
  

12 de octubre de 2012

A Época Dourada (VIDEO)


 O Peña Bodegón Arzúa CF tivo unha ÉPOCA DOURADA na tempada 2010-2011 cando o equipo de xuvenís logra facer historia no fútbol base compostelán. Era triunfo tras triunfo, con copa tras copa...

Mirade este video e fixádevos na harmonía entre pais, nais, xogadores, adestradores, directivos... para estar moi moi orgullosos...

Pica aquí, pero atención dura 23 minutos. Así que relaxádevos e desfrutade:

3 de octubre de 2012

Galería de Fotos 1

Galería de Fotos 1
 
Alberto (Sanchís) fai valer a súa altura e calidade entre os defensores contrarios
para enviar o balón ó fondo das mallas.
 
Toni que nesta tempada está a xogar como mediocentro defensivo
 móstrase intratable nos balóns aereos.
Cali tamén estase a mostrar seguro debaixo dos paus.
Equipo, adestrador e delegado retíranse do campo.
As caras a mosan o resultado de facer ben as cousas.
 
Martín conducindo a pelota durante un encontro.

 
 
¡¡Fixádevos ben nesta foto!!  ¿¿Ónde está o porteiro??

Galería de Fotos 2

 
 Galería de Fotos 2

 Alex poñendo a pelota en xogo. ¡Haber quén lle para un penalti!
¿Qué andarían a falar estos tres co árbitro?
Os dous centrais Fuco e Aarón cortan un balón, mentras Brais permenece atento
 estano a facer moi ben neste comenzo de temporada.
Josiño (foto sup) e Juli (foto inf) dous artistas co balón

 

 
 

2 de octubre de 2012

Imos cara arriba. Liga de Cadetes 1ª Autonómica

Imos cara arriba 
 Liga de Cadetes 1ª Autonómica
Equipo de cadetes 1ª Autonómica.
Estes rapaces levados da man de Miguel (adestrador) estanse a cosolidar no seu xogo, que mellora xornada a xornada e fannos mirar cara arriba na táboa de clasificación.
Miguel observa atentamente como transcorre o encontro para poder correxir e darlle ordes ós seus xogadores durante o mesmo. 
Bonita foto que mostra un saque de falta desde un lado da área grande polo equipo rival (neste caso o E. D. Arzúa) e o ben que tiñan collidas as marcas os nosos rapaces. Seguimos a mellorar cada día.

Antonio o delegado do equipo, despídese do árbitro ó final do encontro e felicitao pola boa actuación que tivo nese mesmo partido contra o E.D. Arzúa. Deportividade ante todo.

1 de octubre de 2012

Estábamos Seguros. Liga de Cadetes (2º Autonómica)

Estábamos Seguros 
Liga de Cadetes (2º Autonómica)
Aarón na foto pelexando un balón.

Aínda que se fixo esperar un pouquiño máis do esperado, os cadetes conseguiron unha importante victoria frente ó Cacheiras por 0-3. Esperemos que lle dea o empurrón necesario para arrancar nesta liga definitivamente. Son un equipo pelexón e con calidade para estar máis arriba.
  
  
Iago (nas fotos superiores) estase a cosolidar como un lateral de auténtico luxo.
 Manu Tajes (na foto co balón) que ¡¡Por fin!! voltou das praias de Esteiro para incorporarse ó equipo terá que darlle intensidade ó xogo do equipo e levalo cara arriba xunto cos seus compañeiros.
¡¡Vamos Bodegón!!