30 de agosto de 2012

OS PIONEIROS DO CLUB.

OS PIONEIROS DO CLUB.

O noso querido presidente, Suso para os amig@s a carón dun dos pioneiros máis senlleiros,  Alfonso Sardiña. O Club xa ten uns 30 anos de idade; naceu alá polos comezos dos oitenta, e chámábase Huracán!!! con este nome metía medo....

Temos que recuparar a memoria histórica do noso Club. Suso ten que comprometerse a recordar e salientar todo o moito que traballou a prol deste fermoso proxecto deportivo. Hoxe en dia somos moitos os que desfrutamos dos seus resultados. A débeda é que entre tod@s debemos facelo cada vez máis grande e sólido... Vamos Bodegón!!!!!

 
"O Huracán"
Corría o ano 1977, un moi noviño Suso Carril (na foto), forma o seu primeiro equipo.

Ollade como son os adestramentos do Bodegón (VIDEO)




Pica neste enlace para ollar como son os adestramentos do Bodegón:
Interesante video dos modestos entrenando. Que bo rollo!!!!
Sorte dende aqui ós modestos da 2ª Autonómica. Ten que deixar o listón tan alto nesta categoría coma cando acadaron o ascenso na temporada pasada.
Imaxes do partido de modestos xogado entre o Bodegón Arzua e A Gracia

O Bodegón gaña 2-4 ó Oroso


Un partido para non esquecer. O Bodegón gaña 2-4 ó Oroso, un rival duro de roer!. Aconteceu na tempada 2011-12, coincidindo co ascenso á Primeira Autonómica de Cadetes. Mirade esta histórica foto e lembrade a friaxe que pasamos en Oroso aquela mañá de domingo. Menos mal que Cristina nos servíu un memorable chocolate con churros... Ollade; de esquerda a dereita e de arriba cara abaixo temos: Antonio (o gran delegado), Xoán, Fuco, Santi, Miguel (o Mister), Alex, Chechu, Juli, Juan, Marcelo; debaixo: Álvaro, Brais, Cali, Marcos, Gus, Diego e Josiño... A Armada Invencible...
Opinade e comentade... Calquera recordo será ben recibido...

Partido entre pais e fillos


O partido entre pais e fillos puxo punto final á tempada 2011-12. Xogaron os cadetes (¡Mirade a foto das figuras que temos!). Ainda que o árbitro tomou partido ao seu favor non foron quen de derrotar ao equipo rival formado por vellas glorias do balompié compostelán...


Mirade esta foto do equipo dos Pais e Adestradores!. Son as vellas glorias!!!. Que vos parece? pódese opinar. Lembrade que non perderon e que presentaron unha dura batalla. Hai que salientar a inestimable colaboración dun enorme porteiro, que arriscou a súa valiosa dignidade por xogar neste equipo. Estamos falando de Alex; felicitacións dende eiquí a este grandísimo futbolista.