1 de junio de 2015

Os Xuvenís: Copa de Santiago 2014-15

Os Xuvenís: 
Copa de Santiago 2014-15
O Bodegón de xuvenís foto superior, rematou a súa participación na Copa de Santiago 2014-15 tras ser eliminado pola S.D. Villestro foto inferior, despois de encaixar sendas derrotas tanto no partido de ida coma no de volta.


Aquí deixámosvos unha ampla galería de fotos dos dous encontros. Podedes vela directamente dende a páxina ou ben picando sobre "ver vídeo galería" para aceder á nosa canle de youtube.


VÍDEO GALERÍA DE FOTOS



O equipo chegaba a esta competición mostrando un bo nivel de xogo, como así quedou patente nos partidos amigables disputados contra equipos importantes na fase de preparación.

Está claro que o noso obxectivo nesta competición era chegar o máis arriba posible, e a pesar das dúas derrotas sufridas nesta eliminatoria, non podemos dicir para nada que nos defraudase o xogo do noso equipo.

VÍDEO DO GOL DE ALEX


O partido de ida foi un encontro aberto con bastantes ocasións polos dous equipos, e o empate a dous parecía que ía ser o resultado final. Pero a S.D. Villestro case ao final do encontro, conseguiu un terceiro gol que poría as cousas moi ao seu favor de cara ao encontro de volta no seu campo

No partido de volta o Bodegón non baixou os brazos, e saíu a por todas aínda a sabendas de que era unha difícil empresa. O Bodegón tivo moitas ocasións de gol, e mesmo fallamos un penalti case ao inicio de partido, que de marcalo talvez cambiaría moito as cousas.

O rival soubo aproveitar ben as súas bazas, que co Bodegón volcado cara a arriba, soubo aguantar para collernos as costas nas contras, e sentenciar a eliminatoria con tres goles máis. 

Unha grande eliminatoria entre dous bos equipos, que a pesar da gran rivalidade existente entre ambos os dous, sempre reinou a deportividade e o bo comportamento dentro e fóra do terreo de xogo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario