26 de febrero de 2013

Galería de fotos Os xuvenís ten que apretar.

OS XUVENÍS TEN QUE APRETAR

Os Xuvenís (na foto) afrontan nas vindeiras xornadas, partidos cos seus rivais máis directos na loita polos postos de promoción á 1ª autonómica.

Manuel G. (foto) foi unha das novas incorporacións para reforzar o equipo nesta segunda volta da liga.
S. D. Compostela "B", Xuventude Oroso "B", Boimorto C.F., Peleteiro e P.B. Arzúa son por este orde, os cinco primeiros clasificados e tan só tres, podrán acadar unha praza para promocionar.

Os xogadores conversan entre eles antes da dar comenzo o encontro.
Despois da derrota encaixada frente ó S.D.  Compostela estamos a  sete puntos da terceira praza que nos daría opción a promocionar. Todavía quedan moitos puntos en xogo e as posibilidades están intactas.

Jandro (con sudadera azul) e Marcos, central e dianteiro respectivamente, están a facer ó igual que o resto dos seus compañeiros unha boa tempada. Por eso estes partidos que nos ven, son importantísimos se queremos aspirar a algo máis que quedar ben clasificados.

Os xogadores que adestra Jose Bascoy forman un grupo unido.

Antón T. e Chechu son xogadores que levan vestindo a camiseta do Bodegón dende as categorías inferiores e o seu compromiso co club e total.

Matias é dos máis veteranos do equipo, por iso ten que demostrar a súa experiencia no campo, e tirar dos seus compañeiros nos momentos importantes como os que están a atravesar.

O equipo debe seguir co seu compromiso de facer ben as cousas, e seguir pelexando partido a partido como ven facendo hasta agora.
Nestas fotos recóllense distintos momentos do partido disputado frente a S.D. Compostela.

Das derrotas tamén debemos aprender, saber onde se falla a de servir para correxir todo aquelo que sea necesario para que non se volva a repetir nos próximos partidos.

Jose Bascoy (de espaldas na foto) vive dende o banquillo con intensidade cada partido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario